O PP cualifica de “chapuza” a reforma da Mariña

ACoruñaXa
Piden explicacións ao Concello polas “numerosas deficiencias” que presenta poucos días despois da súa apertura
marina-coruña
Grietas na Marina
12 May 2025

O Grupo Popular esixirá explicacións a Inés Rey pola “chapuza” da obra recentemente inaugurada na Mariña, que xa presenta “numerosas deficiencias só dous días despois da súa apertura”, segundo denuncian os populares, que sinalan que o asfaltado millonario tardou só “dous días” en racharse.

“Apenas comezaron a circular autobuses, taxis e camións de reparto e o cemento xa presenta gretas, buratos e uns remates que son unha auténtica chapuza”, denuncian. Ademais, sinalan, “abriron as obras cando a parada de autobús da Autoridade Portuaria aínda está en obras e con valados que dificultan o paso dos peóns”.

O Grupo Popular esixirá explicacións polo que cualifican de “desfeita”, preguntando polo control de calidade que se realizou antes da apertura e se esta será a mesma calidade de execución que o resto da reforma da Mariña e os Cantóns.

⚙ Configurar cookies
0.18477010726929