EDM Curtis, campións do Torneo de Nadal Cidade de Lugo en categoría benxamín
As Escolas Deportivas Municipais de Curtis (EDM Curtis) da categoría benxamín lograron un gran éxito ao proclamarse campións do prestixioso Torneo de Nadal Cidade de Lugo Fase Nacional. Este evento reúne os mellores equipos a nivel nacional, converténdose nun escaparate do talento deportivo do país.
Na tarde de hoxe, o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e o portavoz municipal, Iván Maques, entregaron o trofeo, as medallas e unha camiseta conmemorativa nun acto celebrado no pavillón municipal.
Este triunfo é o resultado do esforzo diario, o traballo en equipo e a dedicación tanto dos xogadores como dos adestradores e as súas familias. Ademais, pon en valor os principios que guían o deporte base no municipio: compañeirismo, superación e dedicación.
Desde o Concello e a comunidade deportiva, quixeron transmitir os seus máis sinceros parabéns ao equipo, destacando que “EDM Curtis é un orgullo para o noso municipio”.