Ecosystems 2030 reunirá na cidade a preto de 50 mulleres líderes en tecnoloxía baixo o lema 'Women in Leadership'

ACoruñaXa
O congreso celebrarase o venres 28 de xuño en Palexco, cunha única xornada de paneis que se completará o sábado 29 co curso de Michael Lewrick
Inés Rey_ “Como alcaldesa e como muller o meu compromiso coa reivindicación das mulleres é total, especialmente nos ámbitos máis masculinizados como é o sector tecnolóxico”
22 Jun 2024

Ecosystems 2030, o evento de ecosistemas tecnolóxicos máis importante do mundo, volve á Coruña a vindeira semana. A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta mañá os detalles do evento que se celebrará o venres 28 de xuño no Palacio de Congresos e Exposicións (Palexco); xunto con Omar Hatamleh, presidente executivo de Ecosystems 2030.

A cidade da Coruña é sede permanente do encontro dende o pasado 2023, sendo esta a terceira edición consecutiva de Ecosystems 2030 na cidade. A alcaldesa destacou que nos últimos anos a cidade consolidouse como un referente nas TIC grazas ao sector empresarial e académico e ao impulso da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) e a Cidade das TIC. "Son iniciativas que non só reflicten o noso compromiso coa innovación e o desenvolvemento tecnolóxico, tamén a nosa capacidade de xerar e liderar o futuro da tecnoloxía así como de atraer e organizar eventos de talla internacional como Ecosystems2030" explicou.

Nesta edición de Ecosystems 2030, as conferencias concentraranse nun só día, desde as 9.00 da mañá ata as 19.15 horas da tarde do venres 28 de xuño. O programa completarase o sábado 29 de xuño co "Curso empresarial sobre deseño de ecosistemas: desata ao innovador que levas dentro", impartido por Michael Lewrick, autor do bestseller "The Design Thinking Playbook". A alcaldesa explicou que a principal novidade da edición é a aposta polas mulleres: "Como alcaldesa e como muller o meu compromiso coa reivindicación das mulleres é total, especialmente nos ámbitos máis masculinizados como é o sector tecnolóxico", indicou Rey.

Baixo o lema "Women in leadership", Ecosystems 2030 reunirá preto de medio cento de relatoras procedentes de diversas partes do mundo como Oriente Medio, Estados Unidos, Latinoamérica, España, entre outros. Entre as destacadas relatoras atópanse altas executivas de empresas e organismos tan recoñecidos como Google, IKEA, Intel, Sony Music, Coca Cola, Oracle, Unicef, Mapfre. "Ademais, contaremos coa participación de figuras influentes como a ministra de Asuntos Xurídicos de Xordania, Nancy Namrouqa, e a vicepresidenta da Rede de Solucións de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas, María Cortés Puch" sinalou Rey.

O programa das conferencias abordará temas de gran relevancia e actualidade, incluindo a evolución e desenvolvemento da Intelixencia Artificial, a súa influencia na seguridade e a protección de datos, a cultura da innovación en xeral, e o futuro das redes sociais e sectores como o musical e o dos seguros. "Estou segura de que os froitos deste congreso seguirán posicionando á nosa cidade na vangarda do pensamento e a innovación global" concluíu.

Programación Ecosystems 2030, ao detalle

Venres, 28 de xuño

9.00 - 9.30 horas | Cerimonia de apertura

Helena de Fuentes, Maestra de Ceremonias de ES2030

9.30 - 11.00 horas | Leadership and Security in the AI Era

Sheila Bangalore, Independent Board Member
Aysha Khan, CISO y CIO, Treasure Data
Kristin Seaver, Vice President Strategic Client Engagement, General Dynamics IT (GDIT)
Victoria E. Beckman, Associate General Counsel - Security & Privacy, Shopify
Verónica Pascual Boé, President, ASTI Talent & Tech Foundation
Moderadora: Bhawna Singh, CTO, Okta Identity Management
11.00 - 11.30 horas - Pausa

11.30 - 13.00 horas | How Different Industries Harvest Innovation

Carolina García Gómez, Head of New Business & Innovation, IKEA
Aylin Uysal, Vice President of User Experience Design, Oracle
Moira Gilchrist, Chief Communications Officer, Philip Morris International
Anna Chokina, Former CEO at Cellular Goods
Rika Nakazawa, Global Vice President, New Ventures & Innovation, NTT
Moderadora: Zenia Tata, Innovation Strategist
13.00 - 14.00 horas - Almuerzo

14.00 - 15.30 horas | Future of Privacy

Victoria E. Beckman, Associate General Counsel - Security & Privacy, Shopify
Tülay Kiyildi, Senior Director, Legal Counsel, Europe, The Coca-Cola Company
Onur Korucu, Managing Partner, GovernID
Patricia Ulecia, Lead Privacy Counsel, Logitech
Moderadora: Debbie Reynolds, CEO, Debbie Reynolds Consulting
15.30 - 16.00 horas - Pausa

16.00 - 17.30 horas | The Future of AI Governance

Emerald de Leeuw, Global Head of Privacy & AI Governance, Logitech
Temi Odesanya, Director of AI Governance Automation, Thomson Reuters
Irina Mirkina, Head of Innovation, AI Lead, UNICEF Office of Innovation
Moderadora: Zenia Tata, Innovation Strategist
15.30 - 18.00 horas - Conferencia de clausura

18.00 - 19:15 horas - Networking e peche do día

Sábado, 29 de xuño

9.00 - 12.00 horas | Curso empresarial sobre Deseño de Ecosistemas: "Desata al innovador que llevas dentro" a cargo de Michael Lewrick, autor do bestseller "The Design Thinking Playbook"

0.15887093544006