Dous voluntarios de Protección Civil de Abegondo reciben o distintivo de permanencia polos seus 25 anos de servizo

ACoruñaXa
Miguel Ángel Carro Gómez e Juan Antonio Rivas Botana foron recoñecidos nun acto celebrado na AGASP, ao que asistiu a concelleira Francisca Bestilleiro
ABEGONDO proteccion civil
16 Dec 2025

Dous integrantes da Agrupación de Voluntariado de Protección Civil de Abegondo veñen de ser distinguidos co distintivo de permanencia como recoñecemento a unha traxectoria de 25 anos de servizo. Trátase de Miguel Ángel Carro Gómez e Juan Antonio Rivas Botana, que recibiron esta distinción polo seu labor continuado ao longo de dúas décadas e media.

O acto de entrega celebrouse na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e contou coa presenza da concelleira Francisca Bestilleiro, que aproveitou a ocasión para felicitar persoalmente aos dous voluntarios pola súa dedicación e polo traballo desenvolvido ao longo destes anos.

Desde o Concello de Abegondo trasladaron tamén o seu agradecemento a ambos recoñecidos, destacando o valor do voluntariado en Protección Civil e o papel esencial que desempeña en situacións de emerxencia e no día a día do municipio. O goberno local subliña que a súa implicación é ‘imprescindible’ para a veciñanza e para a seguridade de Abegondo.

⚙ Configurar cookies
0.079138040542603