Dous nadadores do Sarval Arteixo, convocados co Equipo Nacional Absoluto para unha concentración en Lanzarote

ACoruñaXa
Mateo García e Paula Otero participarán no encontro de traballo previsto do 4 ao 15 de xaneiro nas Canarias
ARTEIXO world aquatics
6 Jan 2026

O Club Natación Sarval Arteixo celebra unha nova convocatoria a nivel estatal. Os nadadores Mateo García e Paula Otero foron chamados polo Equipo Nacional Absoluto para participar nunha concentración que se desenvolverá en Lanzarote, nas Canarias, entre o 4 e o 15 de xaneiro.

Desde o club destacan a importancia desta citación, que supón un recoñecemento ao rendemento e á progresión dos deportistas, ademais dunha oportunidade para seguir medrando en clave competitiva nun entorno de alto nivel.

A entidade arteixá aproveitou tamén para desexarlles unha boa estadía e moito proveito na concentración, na que continuarán coa preparación xunto ao resto de convocados polo equipo estatal.

⚙ Configurar cookies
0.077067852020264