Dous contacontos para gozar en familia na antiga escola de Queirís de Coirós

ACoruñaXa
A asociación ACR Collantres programa funcións con Avelino González e Paula Carballeira os días 22 de novembro e 13 de decembro
COIROS axenda collantres
10 Nov 2025

A Asociación Cultural e Recreativa Collantres reforza a súa axenda cultural en Coirós con dúas propostas de narración oral pensadas para público infantil e familiar. A primeira cita será o venres 22 de novembro, ás 18.00 horas, coa actuación do actor e contador Avelino González. A segunda terá lugar o sábado 13 de decembro, tamén ás 18.00 horas, da man da escritora, actriz e narradora Paula Carballeira.

Os dous encontros celebraranse na antiga escola de Queirís e serán de acceso libre, sen necesidade de reserva previa (ata completar aforo). As actividades enmárcanse no proxecto de multiactividade infantil da entidade, que este ano conmemora o seu 40 aniversario e conta co apoio da Deputación da Coruña.
Desde ACR Collantres animan as familias a achegarse para rir, participar e descubrir a maxia das historias compartidas en comunidade.

⚙ Configurar cookies
0.07066798210144