Dous alumnos afían o seu talento para representar Galicia en SpainSkills desde o CIFP Someso da Coruña

ACoruñaXa
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, seguiu unha sesión de preparación do campionato estatal, no que competirán Pablo Álvarez en Carpintería e Anxo Silva en Ebanistería
A CORUÑA someso skills
10 Feb 2026

O CIFP Someso da Coruña converteuse este luns no punto de encontro da preparación galega para SpainSkills 2026, o campionato estatal no que o alumnado de Formación Profesional mide o seu nivel en distintas especialidades. Ata o centro achegouse a directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, para asistir a unha sesión de adestramento dos dous estudantes que representarán a Galicia en Carpintería e Ebanistería.

Os seleccionados son Pablo Álvarez, alumno do propio CIFP Someso na modalidade de Carpintería, e Anxo Silva, do Instituto Plurilingüe Antón Losada Diéguez da Estrada, que competirá na especialidade de Ebanistería. Ambos afrontan agora semanas de posta a punto para chegar nas mellores condicións á cita prevista en Madrid entre o 24 e o 28 de febreiro.

Durante a visita, a responsable autonómica puxo en valor o apoio da Xunta á preparación do alumnado e o traballo que se realiza nos centros educativos para asegurar a excelencia dos participantes. Nesa liña, subliñou tamén o papel do profesorado, encargado de acompañar e preparar aos competidores tanto no ámbito técnico como no competencial antes do campionato.

⚙ Configurar cookies
0.081277132034302