Dos centros educativos á rúa, o alumnado de Culleredo desfilará polo Entroido

ACoruñaXa
Cada colexio desfilará nun horario e por unha zona distinta chegando así a cada recuncho do concello
culleredo-entroido-centros
27 Feb 2025

Os centros educativos de Culleredo volcaranse este venres, 28 de febreiro, coa celebración do Entroido organizando os seus propios desfiles de comparsas polas diferentes rúas do municipio. Cada colexio desfilará nun horario e por unha zona distinta, facendo que o espírito desta festa invada cada recuncho do concello ao longo de toda a xornada.

O primeiro en saír será o alumnado do CEIP Ría do Burgo, que desfilará pola rúa María Cagiao de 9.30 a 11.00 horas. A continuación, será a quenda do CEIP de Tarrío, que levará a súa comparsa ao Paseo Marítimo de 11.00 a 12.15 horas. Pola súa banda, o CEIP Isaac Díaz Pardo percorrerá o entorno do colexio, pasando polo paseo Tierno Galván e pola rúa Fernando II, entre as 11.35 e as 13.30 horas.

Ás 12.15 horas, o alumnado do CEIP Vila de Rutis sairá á rúa situada diante do colexio, rodeando tamén o castelo de Vilaboa antes de regresar ao centro ás 12.45 horas. Mentres tanto, o CRA Culleredo realizará o seu desfile no Polideportivo de Almeiras durante toda a mañá.

O CEIP Sofía Casanova celebrará a festa do Entroido nas instalacións do propio centro, cunha homenaxe ao Entroido de Samede, no que o alumnado lucirá disfraces tradicionais galegos.

 

⚙ Configurar cookies
0.16492295265198