Doroña quenta motores para o San Sebastián cunha fin de semana de festa o 17 e 18 de xaneiro

A parroquia de Doroña, en Vilarmaior, celebrará as Festas de San Sebastián os días 17 e 18 de xaneiro cun programa que combina música, gastronomía e ambiente festivo durante toda a fin de semana.
O sábado 17 está prevista sesión vermú e tardeo coa animación de ALEX. Ademais, ás 14.00 horas celebrarase unha comida popular con menú de callos e carne asada, con bebida, café e sobremesa. O prezo é de 25 euros para persoas adultas e 15 euros para nenos e nenas. As reservas e a confirmación previa deben facerse antes do mércores 14 de xaneiro, nos teléfonos do cartel ou a través dos membros da comisión.
O domingo 18 volverá haber sesión vermú longa e tardeo, nesta ocasión amenizados polo Dúo Deluxe. A programación complétase con sorteos durante as festas, entre eles o dun tractor de leña, segundo anuncia a organización.
A comisión de festas anima á veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse e agradece a colaboración dos comercios, estamentos públicos e da propia parroquia para facer posible a celebración.