Dobre coroa para Daniela Rodríguez, campioa galega e de España de taekwondo

O taekwondo volveu deixar unha alegría con selo local. Daniela Rodríguez, veciña de Oleiros, é a nova campioa galega e tamén campiona de España de Taekwondo, un doble éxito que a sitúa entre os nomes destacados da base autonómica esta tempada.
O título estatal chegou no Campionato de España CESA 2026, unha competición que reuniu durante a fin de semana ás seleccións cadete e júnior no pavillón ‘El Sequet’ de San Vicente del Raspeig (Alicante), con combates concentrados en horario de 9.00 a 18.00 horas.
Segundo os resultados oficiais publicados pola plataforma de competición, Daniela Rodríguez Lorigados proclamouse campioa na categoría ‘Cadets_B’ feminina -29, representando á Federación Galega, por diante de Paula Rodríguez Cordón, da Federación Rexión de Murcia.
O triunfo completa un camiño que xa viña marcado polo éxito no ámbito autonómico. O Campionato Galego Cadete 2026 celebrouse o 31 de xaneiro no Pavillón Municipal de Betanzos e incluíu, entre as súas categorías, a P1 feminina (-29), o mesmo rango no que a deportista acabou proclamándose campioa estatal.