Diego Epifanio seguirá ao frente do Básquet Coruña durante a tempada 2024-25

ACoruñaXa
O burgalés liderará ao equipo na liga Endesa tras proclamarse Campión da LEB ORO 23/24
Imaxe de Diego Epifanio
15 Maio 2024

O Leyma Coruña e Diego Epifanio (“Epi”) chegaron a un acordo para que o burgalés continue á fronte do equipo coruñés durante a súa primeira participación na liga Endesa (ACB).

Despois do gran traballo realizado durante as dúas últimas tempadas, que cristalizaron co título de campión de LEB ORO da tempada 23/24, o técnico e o Club pecharon o acordo para que Epi dirixa ao conxunto coruñés no gran desafío que supón liderar un equipo que debuta na liga Endesa. Desde este momento o técnico empeza a traballar coa Directiva na planificación e configuración de persoal da próxima tempada.

Esta renovación é a primeira pedra do proxecto do Leyma Coruña para a tempada 2024/25, proxecto no que a directiva comezou a traballar, mantendo reunións cos Sponsors e coas institucións para cumprir cos requisitos económicos e de infraestrutura deportiva que esixe a participación na ACB e co obxectivo de consolidar o ascenso deportivo.

O club quere mostrar a súa satisfacción por poder contar co técnico para o novo reto da ACB e alegrámonos de poder darlle esta noticia a todos os nosos afeccionados que hai só uns días na celebración do título de Leb Ouro coreaban o seu nome pedindo a súa renovación.

Lanzamento da Campaña de “Reserva de Abonos para ACB”.

O club quere aproveitar para anunciar que mañá xoves 16 de maio a partir das 12:00h publicaranse as condicións de formalización dunha “Reserva de Abono para ACB” consistente nun pago de 10€ adiantado por abono e destinada a todos os afeccionados do Leyma Coruña. Esta “Reserva” dará dereito preferente na asignación de asentos no momento que definitivamente se lance a campaña de abonados.

 

 

 

 

 

0.18707609176636