Diana Piñeiro formaliza as novas delegacións no Concello de Cambre

ACoruñaXa
Celebrouse a primeira Xunta de Goberno baixo a dirección da nova alcaldesa
Imaxe do Concello de Cambre
5 May 2025

O Concello de Cambre celebrou a primeira Xunta de Goberno baixo a dirección da nova alcaldesa, Diana Piñeiro. Durante a sesión, fixéronse efectivas as delegacións de competencias que definen a estrutura do novo equipo de goberno municipal.

A rexedora confiou responsabilidades en tres tenentes de alcaldesa, que asumirán áreas clave para a xestión local: Rubén Vázquez Pérez, primeiro tenente de alcaldesa, asume a Área de Economía Facenda Contratación Réxime Interior e Desenvolvemento Económico;  Patricia Esther Espiñeira Galán, segunda tenente de alcaldesa, encargarase da Área de Servizos Sociais Educación Cultura e Movemento Asociativo; e Omar Gonzalo Lamela Vázquez, terceiro tenente de alcaldesa, terá ao seu cargo a Área de Turismo Patrimonio Sanidade Deportes e Xuventude.

Con esta nova configuración, o Goberno local busca unha xestión eficaz e coordinada centrada nas necesidades da veciñanza e no impulso de proxectos transformadores para Cambre.

⚙ Configurar cookies
0.18592596054077