Detido o responsable de Protección Civil de Culleredo por un presunto caso de malos tratos

ACoruñaXa
A investigación segue aberta e existe orde de afastamento e tanto o investigado como a vítima son persoas voluntarias da agrupación
proteccion-civil-madrid
12 Nov 2025

A Garda Civil detivo recentemente ao responsable da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Culleredo por un presunto delito de malos tratos. O arresto foi temporal e as dilixencias continúan abertas. Tanto o investigado como a vítima forman parte, como voluntarios, da agrupación municipal. Ademais, consta unha orde de afastamento en vigor mentres avanza a causa. O caso tramítase no sistema Viogén de seguimento integral dos expedientes de violencia de xénero, polo que non transcenderon máis detalles para preservar a integridade da vítima.

Mentras, o Concello de Culleredo expresou o seu rexeitamento total á violencia machista e reafirmou o seu compromiso cos dereitos das mulleres. O goberno local indicou que respectará en todo momento o proceso xudicial e o principio de presunción de inocencia, que activou de inmediato os protocolos internos en coordinación coas autoridades competentes e que os seus servizos xurídicos estudan medidas cautelares específicas dada a particularidade de que tanto a vítima como o presunto agresor son persoas voluntarias dunha agrupación que colabora na prestación dun servizo público. A finalidade prioritaria é protexer a vítima, garantir a súa seguridade e o cumprimento efectivo da orde de afastamento. O Concello reiterou o seu apoio á vítima e lembrou que calquera persoa que sufra ou coñeza un caso de violencia de xénero pode acudir aos servizos municipais de Igualdade ou chamar ao 016, onde recibirá atención e asesoramento confidencia.

⚙ Configurar cookies
0.071317911148071