Detido en Meicende Daniel Vázquez Patiño, un dos dez fuxitivos máis buscados do Estado

A Policía Nacional detivo, en Meicende (Arteixo) a Daniel Vázquez Patiño, un prófugo reclamado pola Xustiza por delitos de abusos e agresión sexual contra unha menor de 10 anos e que figuraba na campaña dos dez delincuentes máis buscados en España.
Segundo a información facilitada por fontes policiais, o arresto realizouse nun dispositivo no que participou unha unidade especializada e no que o detido ofreceu resistencia. Durante a intervención, Vázquez Patiño chegou a tentar atacar cun coitelo a un dos axentes do operativo, que non resultou ferido.
O seu nome fora difundido publicamente a finais de novembro de 2025, cando o Ministerio do Interior e a Policía Nacional lanzaron unha nova edición da lista dos dez máis buscados e reforzaron a petición de colaboración cidadá para localizar persoas reclamadas por delitos de especial gravidade. Na ficha policial, Vázquez Patiño aparecía cualificado con 'peligrosidade alta'.
Tras a detención, o arrestado foi trasladado a dependencias policiais e queda pendente de pasar a disposición xudicial.