Detectados dous focos de gripe aviaria H5N1 en gaivotas en Ordes e Ribeira

ACoruñaXa
A Xunta confirma dous exemplares positivos en Larus michahellis e lembra a necesidade de reforzar a bioseguridade nas explotacións avícolas
A CORUÑA gaviota
4 Oct 2025

A Consellería do Medio Rural informou da detección de dous exemplares de gaivota patiamarela positivos en influenza aviaria de alta patoxenicidade (H5N1), recollidos en Ordes e Ribeira e analizados no Centro de Recuperación de Oleiros e no Laboratorio Central de Algete.

Os cadáveres foron eliminados segundo a normativa e, por agora, non se aplican restricións extra autonómicas máis aló das medidas xa vixentes nas Zonas de Especial Risco. A Consellería insiste en extremar as medidas de bioseguridade nas explotacións avícolas, evitar manipular aves mortas ou enfermas e comunicar calquera sospeita aos servizos veterinarios ou ao 012.

⚙ Configurar cookies
0.099848985671997