Destínanse 303.000 euros nos servizos de socorrismo de 44 concellos do interior coruñés

ACoruñaXa
A través desta liña de axudas da Deputación, 44 concellos coruñeses custearán os salarios dos socorristas que traballarán este verán nas piscinas, praias fluviais e outros espazos acuáticos municipais
Imaxe da piscina de Neda
16 Abr 2024

A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a concesión definitiva das subvencións para os servizos de socorrismo en concellos do interior da provincia, que suporán un investimento de 303.988,75 euros para un total de 44 concellos coruñeses.

A través desta liña de axudas, a Deputación financiará os salarios dos socorristas que traballarán este verán nas piscinas, praias fluviais e outros espazos acuáticos municipais, como o Aquapark de Cerceda ou o lago das Pontes. As achegas da Deputación van desde os 3.800 aos 9.900 euros, segundo as necesidades estimadas por cada concello. As contratacións estenderanse por un máximo de tres meses.

Este programa, que se convoca cada ano, contribúe a xerar emprego durante a época estival e a manter a seguridade das persoas usuarias das piscinas públicas e praias fluviais da provincia da Coruña. Xunto co programa de limpeza de praias, contribúe á contratación de máis de 300 persoas durante a época estival na provincia.

Lista de concesións de subvencións socorristas de concellos de interior da Provincia:

Solicitudes Importe subvención
CONCELLO DA BAÑA 6.493,22 €
CONCELLO DA CAPELA 5.639,33 €
CONCELLO DAS PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ 9.481,31 €
CONCELLO DAS SOMOZAS 6.404,27 €
CONCELLO DE ABEGONDO 7.026,90 €
CONCELLO DE AMES 9.594,18 €
CONCELLO DE BOIMORTO 5.438,30 €
CONCELLO DE BOQUEIXÓN 6.493,22 €
CONCELLO DE BRION 6.582,17 €
CONCELLO DE CAMBRE 6.671,11 €
CONCELLO DE CARRAL 6.582,17 €
CONCELLO DE CERCEDA 6.582,17 €
CONCELLO DE CERDIDO 6.404,27 €
CONCELLO DE COIROS 6.404,27 €
CONCELLO DE CORISTANCO 7.026,90 €
CONCELLO DE CURTIS 9.368,44 €
CONCELLO DE FRADES 6.849,01 €
CONCELLO DE LOUSAME 6.493,22 €
CONCELLO DE MAZARICOS 6.493,22 €
CONCELLO DE MELIDE 7.026,90 €
CONCELLO DE MESIA 8.609,46 €
CONCELLO DE MOECHE 6.404,27 €
CONCELLO DE MONFERO 5.812,73 €
CONCELLO DE NEGREIRA 7.026,90 €
CONCELLO DE OROSO 6.582,17 €
CONCELLO DE PADRÓN 6.582,17 €
CONCELLO DE ROIS 6.493,22 €
CONCELLO DE SAN SADURNIÑO 6.404,27 €
CONCELLO DE SANTA COMBA 6.582,17 €
CONCELLO DE SANTISO 6.404,27 €
CONCELLO DE SOBRADO DOS MONXES 6.404,27 €
CONCELLO DE TEO 9.594,18 €
CONCELLO DE TOQUES 6.404,27 €
CONCELLO DE TORDOIA 6.493,22 €
CONCELLO DE TOURO 6.493,22 €
CONCELLO DE TRAZO 6.493,22 €
CONCELLO DE VAL DO DUBRA 6.493,22 €
CONCELLO DE VEDRA 6.582,17 €
CONCELLO DE VILARMAIOR 3.881,94 €
CONCELLO DE VILASANTAR 6.404,27 €
CONCELLO DE VIMIANZO 6.582,17 €
CONCELLO DE ZAS 9.368,44 €
CONCELLO DO PINO 6.937,95 €
CONCELLO OZA CESURAS 9.900,00 €

 TOTAL: 303.988,75 €

0.1765079498291