Descubrindo o patrimonio: O Pazo de Meirás en Sada

ACoruñaXa
A mansión ideada por Emilia Pardo Bazán a finais do século XVIII como refuxio literario e logo reconvertida en escenario estival de 40 anos de ditadura garda un no seu interior e exterior auténticas xoais do patrimonio nacional
Imaxe do Pazo de Meirás en Sada
25 Ago 2024

Miriam García

O Pazo de Meirás é un pazo señorial situado no municipio de Sada na provincia da Coruña. Tamén  é coñecido como as Torres de Meirás. A súa construción foi ordenada e ideada pola escritora coruñesa Emilia Pardo Bazán, quen residía nel durante varios meses do ano.

Historia e demanda xudicial

Foi declarado Ben de Interese Cultural no ano 2008. Despois da Guerra Civil española, o inmoble foi detraído polo ditador Francisco Franco e empregado como a súa residencia estival ata súa morte en 1975. Posteriormente, o Pazo pasou a formar parte do patrimonio da súa filla Carme Franco ata que no 2018 a controversia sobre a tenencia do pazo levou á familia do ditador a poñelo á venda, sen que chegase a executarse a súa venda.

O 2 de setembro do ano 2020 o xulgado de Primeira Estancia número 1 da Coruña sentenciou que o Pazo era de propiedade do Estado, declarando así nula e sen efecto a “doazón persoal” do inmoble a Franco e a súa familia. Dous meses despois, o 10 de decembro, cumpriuse a sentenza e o pazo deixou de ser propiedade da familia Franco, pasando a ser patrimonio do Estado.

Neste sentido, o Goberno de España abriu primeiro o 31 de xaneiro de 2021 os exteriores do edificio ao público. Mentres que o 28 de maio dese mesmo ano levouse ao cabo a expropiación pública aos Franco do inmoble, acollendo no sei interior a presentación do ensaio ‘Las insurrectas del Patronato de protección a la Mujer’ da autora catalá Consuelo García del Cid Guerra. Dende entón, calquera cidadán pode visitar gratuitamente o inmoble, reservando cita previa, e desfrutar dos bens culturais que alberga no seu interior.

Un “castelo medieval”

As Torres de meirás sitúanse no centro da gran propiedade rodeada de xardíns e unha finca de 93.711 m² de superficie. Esta atópase rodeada por un impoñente muro de pedra, que no momento da súa construción non incluía tres parcelas que foron engadidas posteriormente á propiedade, entre as que se atopa a Casa das Cunchas.

O edificio do pazo é de estilo romántico e tenta imitar a estética dos antigos castelos medievais. Conta con tres torres de forma cadrada feitas de granito, unidas por estruturas máis baixas: a que une as dúas torres da fachada oeste acolle a capela, e a que une as torres na fachada sur, alberga a porta de acceso principal ao edificio e aloxa o vestíbulo.

Na súa fachada destacan as fiestras elegantes dunha das torres, formadas por unha tripla arcada apoiada en columnas e balaustrada corrida do segundo andar. Ademais, os ocos en esquina do seguinte andar conta con díntelles de cantería rematados en arco labrado na mesma peza e apoiados sobre tres columnas con capiteis.

Sen embargo, un dos elementos realmente singulares da fachada do inmoble é o balcón cuberto da Torre da Quimera. Este está soportado por tres ménsulas ou modillóns, con balaustrada de remate macizo sobre as pequenas columnas, sobre as que se apoia a dobre arcada que soporta a cuberta e na que non faltan os elementos decorativos de épocas anteriores.

Na fachada norte do pazo atópanse unhas dependencias que poderían haber sido engadidas coa fin de ampliar as torres e dótalas dunha área destinada ao persoal de servizo.

Por último, na súa capela conta cun retablo barroco dedicado a San Francisco e que foi trasladado dende o pazo de Santa María de Sada, tras sufrir un incendio. Ademais, o recinto do pazo alberga pezas arqueolóxicas, escudos, fontes e cruceiros, acumulados fundamentalmente polo xeneral Franco durante os anos nos que estivo baixo a súa propiedade.

O patrimonio roubado por Franco

O inventario realizado por Patrimonio Nacional no interior do Pazo de Meirás no ano 2020 serve como proba dun gran espolio artístico coa familia Franco como protagonista dun roubo continuado de obras polas que nunca pagaron

Así, segundo o informe realizado por Patrimonio (que destacaron con fotografías a modo de proba) atoparon en follas de cortina e nunha galería tecidos que “vestiron a sala de recibir da Raíña Victoria Eugenia no Palacio Real de Madrid”. Nunha gran alfombra, aparece “o detalle da metraxe de tecido da Fundación Xeneralísimo Franco, Industrias Artísticas Agrupadas” que está conservado no taller de Restauración de Tapicería de Patrimonio Nacional. Como e cando chegaron a Meirás é un misterio aínda por desvelar.

En cada esquina da mansión ideada por Emilia Pardo Bazán a finais do século XVIII como refuxio literario e logo reconvertido en escenario estival de 40 anos de ditadura, hai mobles, lámpadas, vaixelas e cadros moi valiosos.

Os xardíns tamén albergan un importante patrimonio. Diseminadas entre a herba, alí están reconvertidas en xardineiras as dúas pilas bautismales do século XII que Carmen Polo, a esposa do ditador, fixo retirar da igrexa medieval de San Xulián de Moirame, en Muxía.

Ademais, no medio da vexetación, á intemperie, aparecen colocadas cincos estatuas de pedra seculares representando ao peregrino Santiago e os santos Cristóbal, Andrés, Pablo e Francisco. Noutra parte dos xardíns destaca un conxunto pétreo antigo composto por banco, mesa, muro, dous pináculos e un mural, todos eles con motivos xacobeos.

Tamén, hai constancia de que un pazo señorial de Dodro, preto de Santiago de Compostela, foi desmantelado e trasladado a Meirás para embelecer o dominio entregado a Franco na súa condición de autoproclamado xefe do Estado.

Tamén, hai múltiples brasóns, algúns simplemente tirados entre as herbas, cuxa procedencia se descoñece e haberá que determinar. A familia do ditador foi engadindo a fachada do edificio ou en murais de pedra ancestrais escudos do Ducado de Franco co fin de incorporar o seu selo a un legado de moitos séculos.

0.21649289131165