Degustación de marisco da Cofradía de Ferrol este sábado na praza Irmáns Suárez Picallo de Sada

A praza dos Irmáns Suárez Picallo de Sada converterase este sábado 22 de novembro nun pequeno escaparate dos sabores do mar da ría de Ferrol. A Cofradía de Pescadores de Ferrol organizará unha degustación aberta ao público de diferentes produtos frescos do mar, nunha iniciativa que conta coa colaboración do Concello de Sada e da Deputación da Coruña.
A actividade terá lugar entre as 12.00 e as 14.00 horas e permitirá ás persoas asistentes probar distintas preparacións elaboradas a partir de mariscos e peixes capturados pola flota da confraría, co obxectivo de poñer en valor a calidade do produto local e achegar o traballo do sector á cidadanía.
Desde o Concello de Sada animan a veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse á praza Irmáns Suárez Picallo para gozar desta proposta gastronómica e apoiar ao tempo ao sector pesqueiro e marisqueiro da costa coruñesa.