De Ordes a Portugal: Castiel Álvarez Balado debuta no Campionato Nacional de Kárting

ACoruñaXa
O piloto xa se prepara para a seguinte cita, o 29 e 30 de marzo, no Campionato Galego de Kárting nas Pontes
ordes
13 Mar 2025

O veciño de Ordes, Castiel Álvarez Balado, fixo o seu debut no Campionato Nacional de Kárting de Portugal, competindo na categoría X30 Júnior. A pesar de ser a súa primeira participación nunha competición deste nivel, Castiel logrou rematar as carreiras en 13ª posición, entre 15 participantes, acadando unha valiosa experiencia para o seu futuro no mundo do kárting.

Ademais, o piloto de Ordes participou na carreira a bordo dun kart fabricado en Galicia, concretamente da marca Seijo Kart, de Caldas de Reis, o único fabricante español autorizado pola FIA, o que engade un valor extra á súa actuación.

Agora, Castiel continúa traballando para mellorar e prepararse para a seguinte cita, que terá lugar o 29 e 30 de marzo no Campionato Galego de Kárting nas Pontes. Unha nova oportunidade para que o piloto amose todo o seu talento e siga facendo progresos nesta emocionante disciplina deportiva.

⚙ Configurar cookies
0.17470097541809