De Ninghures ofrecerá un concerto gratuíto no Centro Ágora da Coruña

ACoruñaXa
Será o sábado 20 de decembro dentro do festival ‘Por amor á palabra solidariedade’, organizado pola Asociación Veciñal da Agra do Orzán
PRESENTACION-NOVO-TRABALLO-NINGHURES-PORTADA
4 Dec 2025

A banda de multiinstrumentistas De Ninghures actuará na Coruña o vindeiro sábado 20 de decembro ás 19:30 horas, no marco do festival ‘Por amor á palabra solidariedade’, promovido pola Asociación Veciñal da Agra do Orzán. A entrada será libre ata completar aforo.

Este concerto forma parte da xira coa que De Ninghures está a presentar o seu segundo álbum, ‘Feira’ (2025, Tremendo Audiovisual), un traballo que fusiona a tradición popular galega cun son actual e propio. A formación, composta por sete músicos procedentes de diferentes zonas do país, busca achegar o patrimonio cultural galego a novos públicos.

A actuación no Centro Ágora supón unha oportunidade para gozar en directo da música dunha banda recentemente recoñecida co premio á Mellor Produción Discográfica por Feira nos I Premios da Industria da Música de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.082787036895752