David Amor e Josito Porto chegan a Arteixo coa comedia ‘Go Home’

O Auditorio Manuel Murguía de Arteixo acollerá este venres 7 de febreiro, ás 20.30 horas, a representación de Go Home, unha comedia protagonizada por David Amor e Josito Porto.
A obra conta a historia de David, un fanático do turismo que xa experimentou todo tipo de aventuras ofrecidas polas axencias de viaxes. Sen apenas lugares novos por descubrir, a súa paixón polo turismo lévao a explorar territorios insospeitados, dando lugar a situacións cómicas e inesperadas que farán rir ao público.
'Go Home' é unha comedia negra dirixida por Tito Asorey, escrita por José Prieto, en asociación con grandes nombres da nosa escena como José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira ou Xavier Porto.