Daniela García, karateka de Culleredo, campioa galega xuvenil por cuarta vez en +52 kg

ACoruñaXa
A karateka formará parte de la expedición de la selección autonómica de Galicia que viajará a Guadalajara al Campeonato de España los días 27 y 28 de abril
Imaxe de Daniela García Rey, karateka de Culleredo
20 Mar 2024

A karateka cullerdense Daniela García Rey da escola Kárate-Do Carballo, proclamouse campioa galega xuvenil na categoría +52 kg por cuarto ano consecutivo, conseguindo subir ao primeiro posto do caixón nas categorías alevín, infantil e xuvenil. Celebrouse o pasado 10 de marzo no pavillón municipal Calabagueiros do Barco, Ourense.

Ademais, a galega formará parte da expedición da selección autonómica de Galicia que viaxará a Guadalaxara ao Campionato de España os días 27 e 28 de abril. En 2023 xa conseguiu o seu primeiro bronce nacional en Cáceres.

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Deportes, Cristina Pardo, destacou o “esforzo de Daniela García para situarse na elite de Galicia e, esperamos, tamén de España, como demostrou o ano pasado. Desexámoslle a mellor das sortes no Campionato de España de Cáceres”, admitiu a edila.

0.17720699310303