Curtis renova por quinto ano a 'Bandeira Verde de Galicia'

ACoruñaXa
Na comarca tamén foron distinguidos este ano Ordes e Vilasantar
CURTIS bandeira verde
15 Oct 2025

O Concello de Curtis vén de acadar, por quinto ano consecutivo, a Bandeira Verde de Galicia, o selo coa que a Xunta distingue os municipios que destacan en protección da paisaxe, eficiencia enerxética, xestión de residuos e educación ambiental. A entrega celebrouse en Mos (Pontevedra) nun acto presidido polo titular do Goberno galego e a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático.

No mapa provincial, a edición 2025 bateu récord con 33 concellos recoñecidos —un 40 % máis ca no ano anterior— e coa provincia da Coruña á cabeza en número de galardóns. Ademais, a Xunta avanzou a creación en 2026 da Rede de Concellos Bandeira Verde de Galicia para compartir boas prácticas e impulsar proxectos conxuntos. Neste ámbito, Ordes e Vilasantar tamén recibiron a Bandeira Verde nesta convocatoria, xunto con Curtis.

Desde o Concello de Curtis salientouse que a renovación do distintivo avala o traballo continuado en materia de sustentabilidade e o compromiso da veciñanza co coidado do medio ambiente.

⚙ Configurar cookies
0.071146011352539