Curtis pecha o Mercado Gandeiro os días 9 e 23 pola alerta de dermatose nodular contaxiosa

ACoruñaXa
A decisión, en cumprimento da resolución da Consellería do Medio Rural, afecta a todas as feiras e concentracións de gando en Galicia mentres estea vixente
vacas-tenreira-galega
6 Nov 2025

O Concello de Curtis anunciou o peche do Mercado Gandeiro nas dúas xornadas de feira deste mes, os días 9 e 23, como medida preventiva fronte á dermatose nodular contaxiosa. O acordo dá cumprimento á resolución da Consellería do Medio Rural, que suspende feiras e concentracións de gando en todo o territorio galego durante o período de vixencia da medida.

A dermatose nodular contaxiosa é unha enfermidade vírica que afecta ao gando bovino e espállase principalmente mediante vectores (insectos). Non se transmite ás persoas, pero implica restricións de movemento e de concentración de animais para conter o contaxio.

O Concello agradece a comprensión da veciñanza e do sector agrogandeiro e informa de que o recinto reabrirá nas datas de feira cando a autoridade autonómica levante as limitacións.

⚙ Configurar cookies
0.073968887329102