Curtis organiza o 17 de maio a VIII Ruta Cabalar Campestre

ACoruñaXa
A ruta promovida polo Concello de Curtis incluirá unha cea de cofraternidade e música en directo
Imaxe do cartel da VIII Ruta Cabalar de Curtis
29 Abr 2024

O 17 de maio, ademais do Día das Letras Galegas, é o día en que o Concello de Curtis organizará a VIII Ruta Cabalar Campestre, que espera reunir, como nas edicións anteriores, a centenares de xinetes dispostos a realizar un percorrido campo a través de gran beleza natural.

A xornada comezará ás 4 da tarde, hora na que oa afeccionados se darán cita nas naves do campo da feira de Curtis. Á volta agarda unha cea cun menú de empanada, polvo á feira con cachelos, carne ó caldeiro e chorizo, poste, café e licores. Para amenizar a xornada, ademais, haberá música en directo.

Os interesados poden retirar as entradas nos bares Sabino e Arume en Teixeiro, e no Suizo e na Cantina en Curtis. Tamén na oficina municipal de Curtis ou chamando ao 981 777 105.

Ruta Cabalar Curtis
0.23793196678162