Curtis lanza campaña de vixilancia con sancións sobre o uso correcto dos contedores de lixo

O Concello de Curtis pon en marcha unha nova campaña de vixilancia e inspeccións periódicas nos puntos de recollida de residuos do municipio. O obxectivo desta iniciativa é loitar contra as malas prácticas no manexo dos residuos, promovendo un comportamento cívico que contribuía a manter a vila máis limpa, ordenada e sostible.
A campaña centrarase en prácticas incorrectas como deixar lixo fóra dos contedores, abandonar enseres ou restos de poda sen aviso e verter residuos de forma incorrecta. Estas accións, que afectan directamente ao medio ambiente e á calidade de vida dos veciños, poderán ser sancionadas en función da súa gravidade. As infraccións serán clasificadas como segue: as infraccións leves con multas de ata 2.000 euros, ou até 20.000 euros se se tratan de residuos perigosos; as infraccións graves que se sancionarán con multas que van de 2.001 euros a 100.000 euros, ou até 600.000 euros se se xestionan residuos perigosos; e as infraccións moi graves que implicarán sancións que oscilan entre 100.001 euros e 3.500.000 euros, ou máis de 600.000 euros cando os residuos sexan perigosos.
Desde o Concello de Curtis, insisten na importancia de actuar de forma responsable e respectuosa co medio ambiente. A vixilancia estará a cargo de servizos municipais e se realizarán inspeccións de forma periódica para garantir o cumprimento das normativas e evitar que se repitan comportamentos que poidan danar o entorno natural e a imaxe do municipio.