Curtis ilumínase de rosa polo Día Internacional do Cancro de Mama

ACoruñaXa
O 19 de outubro, o Concello súmase á sensibilización e lembra a importancia da prevención e da detección precoz
CURTIS iluminacion cancro
15 Oct 2025

O Concello de Curtis vístese de rosa estes días para amosar apoio ás persoas que loitan contra o cancro de mama e ás súas familias. A iniciativa busca visibilizar a realidade desta enfermidade e trasladar unha mensaxe de solidariedade e acompañamento.

Con motivo do 19 de outubro, Día Internacional do Cancro de Mama, o Concello reafirma o seu compromiso coa sensibilización e co impulso de prácticas de prevención e detección temperá. Anímase á veciñanza a manter as revisións periódicas e a informarse a través dos servizos sanitarios e asociacións especializadas.

⚙ Configurar cookies
0.064795970916748