Curtis e Teixeiro serán sede este sábado da Copa Benxamín Xogade de fútbol

ACoruñaXa
Os partidos disputaranse este sábado día 25 de maio entre as 10 da mañá e as 13.30 horas
Imaxe do cartel da Copa Benxamín en Curtis e Teixeiro
22 May 2024

Os pavillóns deportivos de Curtis e Teixeiro acollerán este vindeiro sábado 27 de maio a Copa Benxamín Xogade de fútbol na que se enfrentarán un total de 8 equipos da zona: Troula, Frades, Irimón, Miño, Melide, Curtis A, Curtis B e Curtis C.

O alcalde do municipio, Javier Caínzos, comunicaba esta mañá a súa satisfacción por acoller este campionato nos pobos de Curtis e Teixeiro e recordaba que Curtis xa vén de acoller a Copa Alevín e Infantil no pasado mes de abril na que as E.D.M de Curtis resultaron campionas en ambos torneos. Ademais, engadía “O Concello sempre pon a disposición as instalacións municipais para este tipo de eventos que acollemos con satisfacción”.

No referido á competición do sábado todos os partidos terán unha duración dun tempo de 15 minutos. En caso de empate nun partido tiraránse tres penaltis por se hai que desfacer un empate final na clasificación, esta tanda só servirá para este suposto.

En caso de triple empate teranse en conta só os resultados acadados entre os equipos implicados.

Haberá medallas para os catro primeiros clasificados da Copa, tamén se entregarán os trofeos ós catro primeiros da liga regular.

partidos curtis

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16768288612366