Curtis destinará 175.610 euros para mellorar a infraestrutura vial e cubrir gastos correntes

ACoruñaXa
Curtis destina máis de 137.000 euros á rehabilitación do camiño Paradela – A Labrada e case 38.000 euros a gastos correntes
Imaxe o Pleno do Concello de Curtis
9 sep 2024

No último pleno municipal extraordinario celebrado no Concello de Curtis, aprobouse de forma unánime a participación no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan único de concellos) “POS+ Adicional 3/2024” e na segunda fase do Plan “POS+ Adicional 2/2024” da Deputación Provincial da Coruña.

No marco do POS+ Adicional 3/2024, Curtis recibirá un total de 37.773,18 euros, que se destinarán a gastos correntes. Por outra banda, no POS+ Adicional 2/2024, o Concello percibirá 137.836,87 euros que se aplicarán á rehabilitación do firme no camiño Paradela – A Labrada (Foxado). Esta intervención foi descrita polo alcalde, Javier Caínzos, como "esencial para mellorar a infraestrutura vial local e garantir a seguridade e comodidade dos veciños".

Coa aprobación destes fondos, o Concello reafirma o seu compromiso coa mellora das infraestruturas e co benestar da comunidade.

0.18968296051025