Curtis denuncia un acto vandálico na senda do río Carregal con danos de ata 400 euros

ACoruñaXa
Un panel do plan turístico da Reserva da Biosfera foi derrubado e arroxado ao río; o Concello presentará denuncia ante a Garda Civil e pide colaboración veciñal
CURTIS acto vandalico
30 Sep 2025

O Concello de Curtis lamenta un novo episodio de vandalismo na senda do río Carregal, onde un dos paneis interpretativos instalados no marco do plan de turismo da Reserva da Biosfera foi derrubado e lanzado ao leito do río. Os danos estímase que ascenden a entre 300 e 400 euros, unha contía que se destinará á súa reposición e á limpeza da contorna.

Estes paneis forman parte do proxecto de tematización impulsado pola Reserva da Biosfera en colaboración co Concello, co obxectivo de poñer en valor o patrimonio natural e cultural dos 17 municipios que a integran. A súa presenza facilita a interpretación do territorio e promove un turismo sostible ligado á educación ambiental.

O Concello presentará denuncia dos feitos ante a Garda Civil e solicita a máxima colaboración veciñal para identificar os autores. Lémbrase, ademais, a importancia de coidar os bens públicos, que son patrimonio de todas e todos, e apélase ao uso responsable das infraestruturas para garantir a súa conservación.

⚙ Configurar cookies
0.14489912986755