Curtis dedicará o 23 de xaneiro unha xornada ás IXPs Ternera Gallega e Vaca Galega-Boi Galego

ACoruñaXa
O Recinto Feiral acollerá unha sesión técnica con charlas divulgativas ás 12.00 horas e unha degustación de carnes amparadas a partir das 13.30, con inscrición previa para profesionais e acceso a público interesado ata completar aforo
vacas-gando-animais-gandeiria
19 Jan 2026

O Concello de Curtis promoverá o vindeiro 23 de xaneiro de 2026 o ‘Día de exaltación’ das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) Ternera Gallega e Vaca Galega-Boi Galego, unha cita que busca poñer en valor o traballo do sector gandeiro e a calidade certificada da carne producida en Galicia.

A xornada celebrarase no Recinto Feiral de Curtis e combinará divulgación e gastronomía. O programa comezará ás 12.00 horas cunha sesión técnica no salón de actos da feira, con charlas pensadas para afondar na historia destas figuras de calidade e nos factores que explican o prestixio do produto. Xa ás 13.30 horas, a actividade trasladarase ao prato cunha degustación de carnes amparadas pola IXP Ternera Gallega.

A participación require inscrición no caso dos profesionais do sector gandeiro, aínda que a organización indica que poderá completarse o aforo con asistentes interesados. Para información e reservas habilitouse o teléfono 981 57 57 86 e a páxina web de Ternera Gallega.

curtis dia exaltacion
⚙ Configurar cookies
0.089194059371948