Curtis dá a benvida ao Nadal co acendido das luces e a apertura dos poboado de Nadal

ACoruñaXa
O Concello acende este sábado as luces de Nadal e abre os poboados de Nadal de Curtis e Teixeiro
Nadal en Curtis
6 Dec 2025

O Concello de Curtis inaugura esta fin de semana a programación de Nadal co tradicional acendido das luces, un acto que marca o inicio das festas no municipio.

O acendido municipal celebrarase este sábado 6 ás 19:00 horas, momento no que as principais rúas e espazos públicos se iluminarán para recibir estas datas festivas.

Ademais, o Concello abrirá tamén os seus Poboado de Nadal, convertidos xa nun punto de encontro para as familias. En Curtis, o poboado situarase na Parcela Urbana da Avenida Principal, número 11, e abrirá as súas portas o propio día 6 ás 19:00 horas.

En Teixeiro, o Poboado de Nadal instalarase na Praza de España e abrirá ao público o domingo 7 de decembro, tamén ás 19:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.087021112442017