Curtis conmemorará o Día Internacional do Orgullo LGTBQI+ con varias actividades

ACoruñaXa
O Concello iluminará o seu edificio con luces especiais e colocará a bandeira do orgullo
curtis-28x
24 Jun 2025

O Concello de Curtis súmase á conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBQI+ o 28 de xuño, reafirmando o seu compromiso coa defensa da diversidade, a igualdade e o respecto. Tal como destacan, "o amor sempre será máis forte ca o odio" e animan a dicir "NON ao odio, SI ao amor".

Para celebrar esta data, o Concello ten previstas varias actividades que comezan o 24 de xuño e se estenden ata o 27. Entre elas, destacan os obradoiros formativos nos campamentos de verán, que se desenvolverán do 24 ao 26 de xuño, e un obradoiro de chapas co lema “Dille non ao odio, SI ao AMOR”, programado para o día 26.

O 27 de xuño terá lugar a Festa das cores, que incluirá actividades infantís e puntos de sensibilización na rúa, buscando visibilizar a diversidade e fomentar o respecto entre a veciñanza.

Ademais, como símbolo de apoio e compromiso, o Concello iluminará o seu edificio con luces especiais e colocará a bandeira do orgullo. Con estas accións, Curtis quere deixar claro o seu respaldo á diversidade e a importancia de construír unha sociedade baseada no amor e no respecto mutuo.

⚙ Configurar cookies
0.15968203544617