Curtis celebrará o Día das Letras Galegas co II Festival de Danza e Música Tradicional

ACoruñaXa
O evento contará coa Asociación Faragulla e a Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa de Sada
letras-galegas-curt
6 May 2025

O Concello de Curtis conmemora o Día das Letras Galegas cunha nova edición do seu Festival de Danza e Música Tradicional, que este ano celebra a súa segunda convocatoria cunha programación marcada pola tradición, o ritmo e a identidade cultural galega.

A cita será o sábado 17 de maio ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Teixeiro, onde a veciñanza poderá gozar dun espectáculo cheo de música e baile popular. O evento contará coa participación de dous grupos de referencia na cultura tradicional galega: a Asociación Faragulla e a Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa de Sada.

Desde o Concello animan á cidadanía a achegarse para celebrar xuntos unha data tan significativa para a lingua e a cultura galega.

⚙ Configurar cookies
0.16018009185791