Curtis celebra a oitava edición de 'Curtis na lembranza' esta fin de semana
Os días 27 e 28 de xullo celebrarase en Curtis unha nova edición da feira Curtis na Lembranza - As Feiras de 1900, que se instalará ao longo da Avenida Principal do pobo e nas rúas contiguas. O lugar estará ambientado nas feiras de hai un século mantendo o seu encanto actual.
Durante estas xornadas os asistentes poderán gozar de postos con produtos artesáns e típicos da terra, concertos, baile, pasacalles, obradoiros, exposicións...
A festividade dará comezo ás 11.00 horas, cun pasarrúas con Os Garatuxeiros como acompañamento que, ademais, actuarán ás 16.30 novamente.
Ás 13.00 procederase á lectura do pregón para, a continuación, dar comezo á sesión vermú a cargo de Melchor Rodo. Máis tarde, haberá unha actuación musical do grupo No Cómbaro.
O programa continuará cun teatro de monicreques, De Vilatriste a Vilalegre; ás 20.00 horas terá lugar o paseo dás mozas e, media hora despois, comezará a actuación musical de Ailá.
Como remate, proxectarase a monográfica Imaxes de lembranza da Asociación Amigos de Curtis na Estación de tren.
A maiores, haberá un taller infantil de elaboración de queixo tanto de mañá, de 12.30 a 16.30, como pola tarde, de 18.30 a 20.30.
O domingo 28, logo de pasarrúas con Os Garatuxeiros, que actuarán de novo ás 16.30 horas; haberá un espectáculo infantil de Rogelio 3. La fête, que dará paso a unha actuación musical e baile da man da Asociación de Mulleres da Carballeira.
Á 13.30 terá lugar a sesión vermú con Melchor Rodo como protagonista e ás 18.30 será a quenda do grupo de música Os Viqueira.
Os Carecos encargarase do concerto de fin de festa, ás 20.30 horas.
O domingo, desde as 16.30 ata as 19.30, poderase desfrutar de xogos tradicionais e tiro con arco, a cargo de pobo Aventura no prado ao lado da Reloxería Justo.