Curtis acolle a xornada online sobre cultivo de oliveiras o 9 de outubro

O vindeiro xoves 9 de outubro terá lugar a xornada online “Oportunidades de negocio no cultivo de oliveiras en Galicia”, promovida por AGACA en colaboración con PROLIGAL e APPAG. Desenvolverase de 09.30 a 14.30 horas e está orientada a persoas e entidades interesadas en coñecer o potencial deste cultivo como alternativa produtiva no rural galego.
O encontro contará coa participación de expertos, técnicos e cooperativistas, que compartirán a súa experiencia práctica e exporán modelos de explotación, rendibilidade e oportunidades de diversificación.
A inscrición é obrigatoria e pode realizarse a través da web de AGACA.