Curtis abre o prazo para solicitar os campamentos de Entroido 2026

ACoruñaXa
O servizo será gratuíto, desenvolverase do 16 ao 18 de febreiro en horario de 8.00 a 14.00 horas e dará prioridade a usuarios de concilia e persoas empadroadas
CURTIS entroido
26 Jan 2026

O Concello de Curtis vén de abrir o prazo de inscrición para os Campamentos de Entroido 2026, unha proposta de conciliación dirixida a familias do municipio durante as vacacións escolares.

Segundo a información facilitada polo goberno local, o campamento celebrarase os días 16 e 18 de febreiro de 2026, en horario de 8.00 a 14.00 horas, e terá carácter gratuíto. As actividades desenvolveranse nos centros de ocio de Curtis e Teixeiro.

As persoas interesadas poden recoller as fichas de inscrición nas oficinas municipais de Curtis e Teixeiro. O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto até o luns 9 de febreiro.

O Concello lembra que as prazas son limitadas e que haberá preferencia para as persoas usuarias do servizo de concilia na escola e para as persoas empadroadas.

⚙ Configurar cookies
0.090740919113159