Curtis abre hoxe as inscricións para o seu campamento de verán
ACoruñaXa
Como o número de prazas é limitado, haberá prioridade para os nenos e nenas empadroados no municipio
16 Maio 2024
O Concello de Curtis abre este xoves, 16 de maio, o prazo de inscrición aos campamentos deste verán 2024.
O campamento realizaránse do 24 de xuño ao 16 de agosto nos centros de ocio de Curtis e Teixeiro en horario de 8.00 a 14.00 horas.
As inscricións deberán facerse na Casa do Concello en Teixeiro ou nas oficinas municipais de Curtis. O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de xuño.
Ademais, como o número de prazas é limitado, haberá prioridade para os nenos e nenas empadroados no municipio.