Culleredo vive unha fin de semana repleta de actividades deportivas para todos os públicos

ACoruñaXa
Entre a oferta deportiva celebrarase a 42ª edición do Torneo de Chave do Concello de Culleredo
chave-cull
25 Apr 2025

Esta fin de semana, o deporte será o gran protagonista en Culleredo, cunha axenda chea de propostas para todos os gustos e idades. O municipio, que xa conta con diversas disciplinas deportivas ao longo do ano, converteuse nun dos referentes deportivos da comarca ao sumar varios eventos e actividades especiais que traerán emoción e diversión aos veciños e veciñas.

A xornada do sábado 26 de abril será a máis intensa, con ata catro eventos destacados. A primeira cita será ás 10.00 horas no Xardín Botánico Ría do Burgo, onde se celebrará unha Xornada de Entrenamento de Orientación organizada polo Club Gallaecia Raid coa colaboración do Concello de Culleredo. Este evento ten como obxectivo dar a coñecer o deporte da orientación e permitir aos participantes disfrutar dunha mañá ao aire libre ata as 12.30 horas.

Simultáneamente, tamén a partir das 10.00 horas, dará comezo a xornada de babybasket, organizada pola FEGABA en colaboración co CB Culleredo no Polideportivo Ría do Burgo. Durante esta actividade, que se prolongará ata as 13.00 horas, varios equipos da área metropolitana competirán en partidos pensados para os máis pequenos, fomentando a práctica do baloncesto desde idades temperás.

Xa pola tarde, a partir das 16.30 horas e ata as 20.00 horas, celebrarase a 42ª edición do Torneo de Chave do Concello de Culleredo, que terá lugar na pista Polideportiva Cuberta de Ledoño. Esta tradicional competición reunirá a unha decena de equipos e será unha das citas deportivas máis emblemáticas do municipio, onde se dará mostra da habilidade e destreza na popular xogo de chave.

O peche da intensa xornada deportiva será o emocionante partido de baloncesto que xogará o CB Culleredo ás 19.00 horas no Pabellón de O Burgo, contra o Gijón Baloncesto. O conxunto local xogará a súa permanencia en Terceira Federación e dependerá dos resultados propios e dos rivais para conseguir manterse unha tempada máis na categoría. Un encontro que promete moita emoción e tensión para os afeccionados ao baloncesto.

O domingo 27 de abril tamén contará cun evento destacado, coa celebración da Travesía do Xalo, organizada pola Asociación Castelo Deporte en colaboración co Concello de Culleredo. A partir das 9.30 horas, dende o Polideportivo do Castelo (lugar de Folgueira), darán comezo diversas probas, entre elas unha carreira de 18 quilómetros, unha andaina de 10 quilómetros e dúas carreras infantís de 250 e 80 metros. Un evento pensado para toda a familia que permitirá desfrutar dunha mañá de actividade física e natureza.

Sen dúbida, Culleredo será esta fin de semana o centro de actividade deportiva da comarca, cunha oferta variada e para todos os gustos, que convirte a localidade nun lugar ideal para disfrutar do deporte en compañía.

⚙ Configurar cookies
0.14500689506531