Culleredo vibra coa emoción do deporte de contacto na velada 'Mala Fama Fighters XI'

O Polideportivo Ría do Burgo converteuse no epicentro da emoción e do deporte de contacto coa celebración da velada de loita 'Mala Fama Fighters XI', organizada polo IAGO Barros FIGHT CLUB en colaboración co Concello de Culleredo.
Ao longo da xornada, o público asistente puido desfrutar de diversos combates pertencentes a distintas disciplinas, nos que participaron deportistas de recoñecido prestixio que deron o mellor de si sobre o cuadrilátero.
Un dos momentos máis destacados e emotivos da velada chegou coa actuación de David Enríquez, coñecido como 'Deivid Superman', veciño de Culleredo, que disputou un combate de exhibición e recibiu o calor e os aplausos do público local.
O evento consolidouse como unha cita de referencia para os afeccionados ás artes marciais e aos deportes de contacto, combinando espectáculo, deportividade e apoio aos talentos locais.