Culleredo súmase á solidariedade coa cuarta andaina 'CaminEMos por la esclerosis múltiple'

ACoruñaXa
Unha iniciativa promovida pola Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple (Acem) no Paseo da Ría do Burgo
cull-esclerose
30 Jun 2025

O Paseo da Ría do Burgo en Culleredo foi o escenario da cuarta edición da andaina solidaria ‘CaminEMos por la esclerosis múltiple’, unha iniciativa promovida pola Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple (Acem) coa colaboración do Concello de Culleredo.

As persoas participantes completaron un percorrido de 2 quilómetros nun ambiente marcado pola solidariedade e o compromiso coa visibilización desta enfermidade neurodexenerativa. Desde o Concello destacaron o valor desta acción para "concienciar e apoiar a quen convive coa esclerose múltiple, así como para dar visibilidade ao labor das entidades que traballan neste eido".

Ao evento sumáronse representantes municipais, entre eles a concelleira de Cohesión Social, Marta Figueroa, e o concelleiro de Comercio, Mario Iglesias, mostrando así o respaldo institucional á causa. 'CaminEMos por la esclerosis múltiple' converteuse nunha cita consolidada no calendario solidario local, reunindo cada ano a veciñanza que quere contribuír á sensibilización e á recadación de fondos para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas.

O Concello de Culleredo reiterou o seu compromiso de continuar colaborando con iniciativas que promovan a inclusión, a saúde e a participación cidadá en causas sociais.

⚙ Configurar cookies
0.17740917205811