Culleredo solicita á Xunta que as sendas peonís da AC-400 inclúan todo o tramo entre Sésamo e Celas

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, trasladoulle á conselleira de Planificación de Infraestruturas, durante a reunión mantida o pasado mes, a importancia de que as sendas peonís que se prevén na AC-400 inclúan todo o tramo comprendido entre Sésamo e Celas.
O obxectivo é que dean servizo a todos os inmobles da zona e garantan unha solución global á mobilidade segura da veciñanza.
O rexedor amósase confiado en que o proxecto contemple esta petición e está á espera da reunión técnica entre o Concello e a Xunta, na que se concretarán os detalles da futura actuación e se axustarán os aspectos necesarios para garantir que o proxecto se adapte ás necesidades reais do municipio.