Culleredo renova a iluminación da avenida de Fonteculler con tecnoloxía LED

ACoruñaXa
A renovación inclúe 63 puntos de luz, novos soportes de aceiro galvanizado e un sistema de telexestión para controlar o alumado en tempo real
CULLEREDO luces led
25 Aug 2025

O Concello de Culleredo puxo en marcha unha nova intervención no marco do seu plan de modernización da iluminación pública. Nesta ocasión, os traballos céntranse na avenida de Fonteculler, desde o límite co termo municipal da Coruña ata a glorieta situada fronte á sede da Policía Local.

O investimento ascende a 206.280,80 euros, financiados en colaboración coa Deputación da Coruña. En total, renovaranse 63 puntos de luz situados a ambos lados da avenida, substituíndo as actuais luminarias de vapor de sodio por novas de tecnoloxía LED. Os novos soportes, xa visibles na rúa, terán 13 metros de altura e serán de aceiro galvanizado para garantir a súa durabilidade.

A obra inclúe tamén a instalación de centros de mando que permitirán a telexestión do alumado, facilitando un control inmediato en caso de avarías e a regulación automática dos horarios de acendido.

Segundo as estimacións técnicas, a substitución polo sistema LED permitirá reducir arredor dun 40% o consumo enerxético, un aforro significativo nun dos capítulos de maior gasto para os concellos.

⚙ Configurar cookies
0.20179486274719