Culleredo renova a conexión entre a Nacional 550 e o núcleo de Fornos

ACoruñaXa
A actuación mellorou 586 metros de vía con nova capa de rodadura, sinalización e limpeza de cunetas, cun investimento de 48.000 euros
Obras en Culleredo
4 Jan 2025

O Concello de Culleredo culminou unha nova intervención dentro do seu plan de mellora viaria no rural. Nesta ocasión, renovouse a estrada municipal que conecta o núcleo de Fornos, na parroquia de Sueiro, coa Nacional 550.

As obras, que abrangueron un tramo de 586 metros, resolveron o evidente deterioro que presentaba a vía polo paso do tempo. A intervención consistiu na eliminación de baches, a colocación dunha nova capa de rodadura, e a instalación de nova sinalización vial, tanto horizontal como vertical, co obxectivo de incrementar a seguridade de condutores e peóns. Ademais, realizouse a limpeza de cunetas para mellorar o drenaxe.

A actuación supuxo un investimento de 48.008,46 euros, cofinanciado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a través do Fondo Europeo FEADER.

O Concello de Culleredo avanzou que continuará nos próximos meses con novas actuacións destinadas a mellorar a rede viaria municipal.

0.16565895080566