Culleredo programa dúas sesións de contacontos para este mes de decembro

O Concello de Culleredo organizou durante este mes dúas sesións de contacontos dirixidas á infancia, con acceso libre ata completar aforo. A iniciativa forma parte da programación cultural das Bibliotecas Públicas Municipais.
A primeira sesión terá lugar o venres 5 de decembro na Biblioteca José Cardeso Liñares de Vilaboa, onde a narradora Charo Pita ofrecerá “Conto para quecer o inverno”, un espectáculo pensado para nenos e nenas a partir de 4 anos, ideal para desfrutar en familia. A actividade comezará ás 17:30 horas.
Unha semana despois, o xoves 11 de decembro, será a queda de Trinketrinke Teatro xunto con Os Ratos de Lonxedetodo, que presentarán o conto “O que non sabías do Nadal!” na Biblioteca Miguel González Garcés de O Burgo. Esta sesión tamén está dirixida a nenos a partir de 4 anos e dará comezo ás 17:30 horas.
Ambas propostas buscan fomentar o gusto pola lectura e a imaxinación entre os máis pequenos, ofrecendo espazos de entretemento cultural accesibles para toda a comunidade.