Culleredo pon en marcha unha nova edición dos Concursos de Nadal dirixidos ao comercio e á hostalería

ACoruñaXa
En total, esta edición conta con 75 establecementos participantes no Concurso de Escaparatismo e 25 no de Ambientación de Nadal na Hostalería
Escaparates Nadal Culleredo
8 Dec 2025

O Concello de Culleredo pon en marcha unha nova edición dos Concursos de Nadal dirixidos ao comercio e á hostalería locais, unha iniciativa da Área de Dinamización destinada a reforzar a actividade económica do pequeno tecido empresarial durante a campaña navideña. Ambas propostas, xa consolidadas no municipio, pretenden destacar aos negocios que mellor decoren os seus espazos e promover a implicación da veciñanza.

Este ano, o VI Concurso de Escaparatismo de Nadal conseguiu reunir 75 establecementos, superando a cifra da edición anterior. A través da web www.omellorescaparatedeculleredo.com, as persoas usuarias poden consultar a galería de imaxes e votar polo seu escaparate favorito. As decoracións, centradas en motivos propios do Nadal, deberán manterse ata o 7 de xaneiro. Os tres comercios máis votados recibirán premios de 500, 300 e 200 euros.

En paralelo, o II Concurso de Ambientación de Nadal na Hostalería Local impulsa tamén a participación de bares e restaurantes, con 21 locais inscritos, un incremento respecto ao ano pasado. Na web www.hostaleriadenadalenculleredo.com, os veciños poden visualizar as propostas decorativas e escoller o ambiente máis destacado. Os premios, neste caso, serán de 300, 200 e 150 euros para os tres primeiros clasificados.

Ademais, todas as persoas que emitan o seu voto en calquera dos dous certames entrarán no sorteo de 20 vales de compra de 50 euros en cada concurso, que deberán empregarse nalgún dos establecementos participantes. O obxectivo é recoñecer o esforzo de comerciantes e hostaleiros e, ao mesmo tempo, incentivar o consumo no comercio local.

O alcalde, José Ramón Rioboo, subliña a importancia destas iniciativas para “reforzar a visibilidade do comercio e a hostalería do municipio” nunha época clave do ano. O rexedor defende que “o talento, a creatividade e o compromiso dos nosos negocios merecen ser apoiados e postos en valor”, e anima á cidadanía a visitar as decoracións e participar nas votacións.

⚙ Configurar cookies
0.078816175460815