Culleredo pon en marcha un programa piloto de visitas guiadas por puntos de interese do municipio

ACoruñaXa
A primeira ruta terá lugar o sábado 13 de decembro polo paseo marítimo da ría do Burgo
CULLEREDO ria do burgo
5 Dec 2025

O Concello de Culleredo presentou un novo programa de visitas guiadas para dar a coñecer distintos puntos de interese do municipio. A primeira ruta desenvolverase o sábado 13 de decembro, a partir das 11:00 horas, e terá lugar no paseo marítimo da ría do Burgo.

O percorrido comezará na antiga Casa dos Lagoeiros, en Acea de Ama, e continuará cara a Fonteculler, onde enlazará co paseo marítimo. Desde alí, bordearase a ría ata chegar ao ponte do Burgo. Durante a visita, o guía explicará aspectos relevantes tanto do patrimonio natural como do histórico do entorno.

A actividade é gratuíta, pero require inscrición previa a través dun formulario dispoñible na páxina web do Concello. Esta iniciativa piloto, explican desde o Concello, ten como obxectivo avaliar o interese da cidadanía para organizar novas rutas guiadas noutras zonas do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.093192100524902