Culleredo pecha a súa programación polo Día da Muller cunha charla sobre saúde mental

O Concello de Culleredo completou a súa programación especial polo Día da Muller cunha charla sobre a igualdade na saúde mental. O evento, celebrado no Pazo de Vila Melania en Vilaboa, levou por título 'A fenda de xénero na saúde mental' e contou coa participación de Mercedes Seoane, terapeuta ocupacional do Sergas e da Universidade da Coruña. A relatora foi presentada pola concelleira de Cohesión Social, Marta Figuero, e ao remate da ponencia abriuse un coloquio co público asistente.
A programación continúa en Vila Melania coa exposición 'Saúde é nome de muller', da ONG Médicos do Mundo. A mostra está dispoñible desde o 17 de marzo e poderá visitarse ata o día 31, visibilizando a relación entre saúde e xénero.