Culleredo organiza unha excursión a Lugo para maiores con 100 prazas dispoñibles

O Concello de Culleredo pon en marcha unha saída especial para as persoas maiores do municipio, que se celebrará o vindeiro 24 de agosto cun máximo de 100 prazas. O prazo para anotarse xa está aberto e prolongarase ata o 14 de agosto para as persoas empadroadas, e ata o 18 para as non empadroadas, sempre que queden prazas libres.
As inscricións poden formalizarse presencialmente na segunda planta do Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo ou por teléfono nos números 981 665 597 e 649 407 604, en horario de 9.00 a 13.30 horas.
Os participantes gozarán dunha visita guiada pola cidade de Lugo, que inclúe un percorrido polo Museo Provincial, ademais dunha comida con música e baile.
O custe do transporte será de 10 euros para persoas con desconto (empadroados no Concello, voluntariado, familias numerosas, demandantes de emprego no SEPE e persoas con certificado de discapacidade), e 13 euros para o resto.
Os autobuses partirán ás 8.00 horas dende Castelo e Boedo, con paradas en Vinxeira, Celas, Peiro, Ledoño, Bregua, Orro, Casal, Sueiro, Tarrío, Liñares, Alvedro, Vilaboa, A Corveira, Fonteculler e O Burgo.