Culleredo ofrece un curso gratuíto de formación dixital para maiores de 14 anos

O Concello de Culleredo abriu a inscrición para o curso 'Formación Dixital', unha iniciativa destinada a mellorar as competencias tecnolóxicas da cidadanía. A proposta está dirixida a persoas maiores de 14 anos, impártese de forma totalmente en liña e non ten custo para o alumnado.
As persoas que completen a formación recibirán un diploma acreditativo. As inscricións poden realizarse a través de formaciondixital.gal, mentres que para resolver dúbidas ou obter máis información están dispoñibles o correo electrónico info@formaciondicital.gal e o teléfono 681 053 179.